5/3/09

"Saber pouco e perigoso. Saber moito tamén" -Albert Einstein-

...con patacas fritidas por favor...

Semella perigoso opinar abertamente en lugares públicos. Atopabame eu onte xantando cunha amiga e falando dun tópico nestos días, as eleccións autonómicas, cando me sentin o centro das miradas. Segundo parece, aos nosos veciños de mesa non lles chistaba a nosa conversa. Non contentos con asexarnos e apropiarse da nosa tertulia sen disimulo, comezaron a falar nun tono de decibelios que procuraba ser audible. Casualmente o tema escollido para a sua conversa era idéntico ao da nosa, cun pequeno matiz e é que as súas opinións eran totalmente contrarias...Sen entrar a confrontarme co que eles pensan, considero unha falta de respeto que corten a nosa charla para impoñer o seu modo de ver as cousas. Acaso dúas amigas non poden falar alleas a ouvidos inimigos? Cos tempos que corren parece que non, así que cando miredes ao voso redor lembrade que haberá un 35% por cento de persoas que estarán dispostas a impoñervos a súa opinión só porque se cren maioria...

e as patacas fritidas quedaronse soas entre os ecos dunha conversa interrumpida